CCOO del Hábitat | 27 abril 2024.

O persoal de Urbaser en Santiago manifestarase o venres en defensa dos seus dereitos

    Denuncian que a empresa pretende recortar cuestións de carácter social e conxelar os salarios

    17/02/2021.
    O persoal de Urbaser en Santiago manifestarase o venres en defensa dos seus dereitos

    O persoal de Urbaser en Santiago manifestarase o venres en defensa dos seus dereitos

    O persoal de Urbaser en Santiago de Compostela convoca unha manifestación para o próximo venres, 19 de febreiro, en defensa dos seus dereitos laborais. Denuncian que a empresa pretende recortar diferentes cuestións de carácter sociais, ademais de conxelar os salarios.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia explican que a empresa «responde con evasivas» á necesidade de negociar un convenio colectivo que recoñeza «o esforzo e compromiso» que as traballadoras e traballadores mostraron durante esta pandemia.

    Segundo CCOO de Construción e Servizos de Galicia, Urbaser non quere aplicar ningún incremento salarial, pero ao tempo quere recortar cuestións sociais. Entre outras, impedir que o persoal poida acceder á xubilación parcial no tramo máximo do 75 % da xornada; non recoñecer o dereito á antigüidade real na empresa; ou non recoñecer o goce das licenzas retribuídas a partir do primeiro día laborable se o feito causante acontece no tempo de descanso.

    Convocatoria

    Día: venres, 19 de febreiro de 2021

    Hora: 13:00 horas

    Lugar: desde a Alameda ata a praza do Obradoiro (Santiago de Compostela)