CCOO del Hábitat | 23 abril 2024.

Solicítase unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, ante os cambios no calendario de vacinación aprobados o día 21 de xaneiro

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia, denúnciase que a estratexia de vacinación fronte ao Covid-19 en España, e a súa primeira actualización do 21 de xaneiro vulnera o principio de necesidade, equidade e reciprocidad

    01/02/2021.
    Solicítase unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, ante os cambios no calendario de vacinación aprobados o día 21 de xaneiro

    Solicítase unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, ante os cambios no calendario de vacinación aprobados o día 21 de xaneiro

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia denuncia que se incumpre de maneira deliberada o principio de necesidade “a igual necesidade, igual acceso ao recurso”. Un incumprimento claro no caso dos dependentes de grao III non institucionalizados e os seus coidadores e coidadoras profesionais, que pasan ao grupo de vacinación 4. Non parece moi equitativo que estes dependentes de grao III e os seus coidadores e coidadoras estean no grupo 4 fronte aos institucionalizados que están no grupo 1 de vacinación.

    O sindicato considera tamén que se incumpre o principio de equidade, que esixe ter en conta a vulnerabilidade, desigualdade, riscos e necesidades dos grupos. Non se prioriza de igual forma aos anciáns e as anciás institucionalizados e os e as profesionais que os coidan, que aos anciáns dependentes coidados nos domicilios, algúns sen contorna familiar, nin aos e as profesionais que os coidan.

    En moitos casos estamos a falar de atender a dependentes enfermos de Covid-19 nos seus domicilios, ou atender a dependentes en domicilios que comparten con enfermos de Covid-19. Non parece equitativo non utilizar un mesmo criterio de priorización.

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia considera que se incumpre o principio de reciprocidad, que esixe protexer especialmente a quen soporta importantes riscos e cargas adicionais. Neste caso cremos que o Consello Interterritorial esqueceuse de colectivos de primeira liña, como os equipos Covid formados na Atención Domiciliaria e destinados a atender usuarios con Covid-19 ou a usuarios que conviven con enfermos do Covid-19 que gardan corentena nun mesmo domicilio, non sempre con posibilidade de estar illados.

    Tampouco se ten en conta aos vixiantes de seguridade das instalacións hospitalarias, que están en contacto directo con enfermos Covid-19. Todos eles e elas fan roldas por plantas Covid-19 e teñen xa un número considerable de contactos directos por ter que reducir a enfermos de Covid-19 que queren abandonar as instalacións sen ter autorización.

    Non se teñen en conta, cando se formula este principio, aos traballadores e traballadoras das funerarias que recollen aos falecidos por Covid-19, a pesar de ter unha incidencia de contagios alta.

    Por todo CCOO de Construción e servizos de Galicia, solicita unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, solicitando que se faga unha nova actualización do programa de vacinación teniendo en cuenta o alegado anteriormente.