CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

O novo convenio de remates e serradoiros supón perda de poder adquisitivo para as traballadores

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia critica e négase a asinar o novo convenio de rematantes e serradoiros de Pontevedra pola gran perda de poder adquisitivo que supón, e ter unhas táboas salariais inferiores ao convenio estatal

    29/01/2021.
    O novo convenio de remates e serradoiros supón perda de poder adquisitivo para as traballadores

    O novo convenio de remates e serradoiros supón perda de poder adquisitivo para as traballadores

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia rexeitou asinar o convenio de rematantes e serradoiros da provincia de Pontevedra porque implica perda de poder adquisitivo. A firma, apoiada só por UXT, CIG e a patronal, tamén «condena» ao case catro mil traballadores e traballadoras do sector para cobrar menos do que fixan os convenios sectoriais estatais.

    Segundo CCOO de Construción e Servizos de Galicia, os mencionados sindicatos pactaron coa parte empresarial uns incrementos económicos do 1 % para 2020 e do 0,5 % para o 2021, con cláusula de revisión salarial o 31 de decembro de 2021 no caso de que o IPC sexa positivo.

    O sindicato lembra que o convenio asinado por UXT e CIG regula materias recollidas nos convenios estatais da madeira e, por vez primeira, tamén do de actividades forestais. A repercusión, en canto aos efectos económicos, é «nefasta», porque implica que todas as categorías, excepto a de peón, verán minguadas as súas retribucións entre o 1,29% e o 8,59%.

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia non sae do seu asombro, sobre todo pola hipocrisía que representa a firma de CIG, que na presentación do informe de 2019 sobre os salarios en Galicia culpou ao diálogo social e aos convenios estatais da perda de poder adquisitivo na negociación colectiva. «A realidade é que o sindicato nacionalista, unha vez máis, asinou un convenio galego que empeora as condicións do marco estatal».