CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

Unha caravana de vehículos reivindicou na Coruña un convenio «digno» para o sector da limpeza de edificios

    Os sindicatos CCOO de Construción e Servizos de Galicia, UXT e CIG convocaron para este venres unha caravana de vehículos que percorreu varias rúas da Coruña en defensa dun convenio digno para o sector da limpeza de edificios na provincia.

    25/01/2021.
    Unha caravana de vehículos reivindicou na Coruña un convenio «digno» para o sector da limpeza de edificios

    Unha caravana de vehículos reivindicou na Coruña un convenio «digno» para o sector da limpeza de edificios

    Os automóbiles partiron ás 11:30 horas da mañá do edificio sindical de Alfonso Molina e no seu percorrido visitaron as sedes das principais empresas do sector.

    Con esta acción, os sindicatos aumentan a presión sobre as patronais da limpeza, ás que instan a «recapacitar» sobre a súa «actitude obstrucionista» nas negociacións. CCOO de Construción e Servizos de Galicia, UXT e CIG denuncian que a parte empresarial non cesa de recortar dereitos sociais e conxelar os salarios sen crear novo emprego, á vez que aumenta a facturación pola maior carga de traballo que ocasiona a pandemia.

    Denuncia na Inspección

    Os sindicatos lembran que, ademais destes recortes, as empresas do sector xa están a incumprir algúns puntos do actual convenio colectivo. Por esta razón, o pasado 13 de xaneiro rexistraron na Inspección de Traballo da Coruña 136 denuncias a empresas de limpeza de edificios por non cumprir o artigo 8 do convenio, polo que o persoal a tempo parcial ten dereito a cubrir as vacantes que se poidan xerar.

    Convocatoria de folga

    Se as empresas manteñen as súas posicións e empéñanse nesta política de recorte de dereitos, o seguinte paso dos sindicatos será consultar ao persoal do sector para convocar folga.