CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

Asínase o calendario laboral de Serradoiros da Coruña para o ano 2021

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia asina o calendario laboral de Serradoiros da provincia da Coruña para o ano 2021

    05/11/2020.
    Asínase o calendario laboral de Serradoiros da Coruña para o ano 2021

    Asínase o calendario laboral de Serradoiros da Coruña para o ano 2021

    O pasado martes día 3 de novembro, na sede de FEARMARGA (Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia) en Santiago de Comportela, procedeuse a asinar do Calendario laboral de Serradoiros da Coruña.

    O Calendario asinado respectará a xornada máxima anual de 1.752 horas efectivas de traballo, tal e como recolle o Convenio Estatal da Madeira e consecuentemente o Convenio Provincial de Serradoiros da Provincia da Coruña.

    Como no ano 2021 hai dous días festivos de ámbito nacional ou autonómico que coinciden en sábado, para dar cumprimento ao límite da xornada máxima anual de traballo, é preciso fixar no calendario para o ano 2021 un total de oito días festivos de convenio, días que serán os seguintes: 15 e 16 de febreiro, 16 de agosto, 11 de outubro, 7, 24, 30 e 31 de decembro.

    Se nalgún concello as datas sinaladas como festivos locais coincidisen con algún dos festivos de convenio ou sábado, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso, o inmediatamente posterior.

    O calendario pódese consultar ou descargar desde AQUÍ.