CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

Novo accidente fatal na Canteira de Pescas, que ofrece mínimas condicións de seguridade

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia mostra a súa preocupación polos traballadores da canteira de Pescas, de Arias Irmáns, dado que ven como se repiten os accidentes laborais sen que a dirección da empresa realice o seu labor de vixilancia e prevención

    24/09/2020.
    Nuevo accidente fatal en la Cantera de Pescas, que ofrece mínimas condiciones de seguridad

    Nuevo accidente fatal en la Cantera de Pescas, que ofrece mínimas condiciones de seguridad

    O pasado martes derrubou parte da maquinaria destinada ao tratamento de materiais dentro da canteira sita na estrada dos Baños de Arteixo, coñecida como a Canteira de Pescas ou de Arias Irmáns.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia denunciamos e seguimos denunciando o mal estado das instalacións desta canteira que durante estes últimos anos tivo accidentes moi graves que provocaron ingresos hospitalarios de distintos traballadores.

    A canteira que nalgunhas dependencias ten aspecto de semi-abandono sufriu recentemente a caída dunha liña de media tensión que pasa por encima das súas instalacións, e a Inspección xa acudiu de oficio nalgunha ocasión #ante a electrocución dun traballador da canteira.

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia entende que o traballo realizado na canteira garante postos de traballo e por tanto revaloriza a contorna ao dotar a zona de empresas extractivas en momentos de crises. Pero condenamos as condicións de mantemento e escasas medidas de seguridade existentes na canteira e esiximos á propietaria que invista en prevención e mantemento, para salvagardar a propia actividade e sobre todo a integridade e saúde dos seus traballadores.