CCOO del Hábitat | 19 abril 2024.

O Tribunal de Contratación acepta as medidas cautelares de CCOO de Construción e Servizos de Galicia e suspende a licitación do SAD de Santiago

    O sindicato alertou de que o orzamento da licitación non está adaptado ao contexto da COVID-19, o que representa un risco para a saúde das persoas traballadoras e usuarias

    08/09/2020.
    El Tribunal de Contratación acepta las medidas cautelares de CCOO de Construcción y Servicios de Galicia y suspende la licitación del SAD de Santiago

    El Tribunal de Contratación acepta las medidas cautelares de CCOO de Construcción y Servicios de Galicia y suspende la licitación del SAD de Santiago

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia congratúlase da decisión adoptada polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia. O organismo acepta as medidas cautelares solicitadas por este sindicato e suspende a licitación do Servizo de Atención Domiciliaria ( SAD) de Santiago de Compostela. Contra esta decisión non cabe recurso ningún, xa que é firme.

    Hai unha semana, desde o sindicato alertouse de que o orzamento da licitación non estaba adaptado ao contexto da COVID-19, o que representaba un risco para a saúde das persoas traballadoras e usuarias, debido a que o orzamento do contrato tiña un desfasamento de case 200.000 euros anuais, contía que representa ao 7% do total, debido a varios erros de cómputo no capítulo de persoal e salarios.

    A partida era «ridícula» para o contexto do COVID-19.

    O desvío máis grave era na partida destinada a afrontar o contexto da COVID-19 que supoñía unicamente o 0,1 % do total, é dicir, 5.482 euros anuais para a dotación de luvas, material hixiénico, máscaras e outros.

    Segundo os cálculos do sindicato, baseados na última normativa publicada sobre o uso das máscaras, e partindo de que fai falta manter un stock para o caso de posibles rebrotes, a partida económica non debería ser inferior ao 5 % do orzamento anual