CCOO del Hábitat | 26 abril 2024.

Paralizado o concurso da licitación do servizo de Limpeza do CHUS

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia paraliza o concurso do servizo de limpeza do Complexo Hospital Universitario de Santiago (CHUS) debido ás impugnacións feitas aos pregos

    27/06/2020.
    Paralizado el concurso de la licitación del servicio de Limpieza del CHUS

    Paralizado el concurso de la licitación del servicio de Limpieza del CHUS

    Onte ás 10:00 h da mañá tivo lugar, no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, a apertura do sobre “ B” correspondente a Licitación do Concurso da Limpeza, pero debido as impugnacións feitas aos pregos tanto por parte de CCOO de Construción e Servizos de Galicia como de ASPEL, a mesa de Contratación trasladou aos alí presentes a paralización do Procedemento ata unha nova resolución do Tribunal Administrativo de Contratos Públicos ( TACP).

    Xa o pasado 15 de xuño o Comité de Empresa da Limpeza Hospitalaria do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela denunciara irregularidades de forma na elaboración dos pregos, nos que sorprendentemente non se incorporaba ningunha das esixencias en materia hixiénico-sanitarias, nin en materia de Prevención de Riscos Laborais ( PRL) derivadas da pandemia COVID-19.

    Entre as irregularidades denunciadas CCOO de Construción e Servizos de Galicia, cabe destacar as seguintes:

    • Dentro do orzamento basee de licitación, non se indica de forma desagregada e con prespectiva de xénero e categoría profesional os custos salariais estimados a partir do convenio laboral de referencia.

    • Non se fai referencia ao Convenio de Aplicación.

    • Non se fan constar os diferentes acordos alcanzados vía mediación AGA, coa repercusión monetaria á hora de elaborar unha oferta económica axustada á realidade do servizo:

    - Acordo de licenza do 30/11/2017

    - Acordo de Bolsa de Contratación do 30/11/2017

    - Acordo de aplicación da Carreira Profesional do 8/11/2018 e do 5/7/2019.

    - Etc...

    • Non se fai referencia nos Pregos ás resolucións emitidas pola Inspección de Traballo polas cales, por unha banda obrígase a Empresa Concesionaria a Dimensionar o Persoal con 10 contratacións indefinidas, e doutra banda tamén obriga ao SERGAS para facer as obras necesarias nos vestiarios, duchas e despachos de billetes para adecuarse a normativa vixente en materia de PRL.

    • Non se ten en conta a nova normalidade orixinada pola pandemia COVID-19, tendo por unha banda unha afectación directa sobre as frecuencias de limpeza derivadas das esixencias das medidas sanitarias e preventivas, e doutra banda, un incremento dos custos laborais non salariais derivados do cumprimento da normativa en materia preventiva como os protocolos de seguridade e prevención e doutra banda, un incremento dos custos laborais non salariais derivados do cumprimento da normativa en materia preventiva como os protocolos de seguridade e prevención emitidos polo ministerios de sanidade.

    Todas esta irregularidade son o perfecto caldo de cultivo para abocar a toda persoal da limpeza do CHUS a emprender novas mobilizacións en defensa dos seus dereitos, por iso, desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia esperamos que a resolución do Tribunal Administrativo de Contratos Públicos ( TACP) obrigue á retirada destes Pregos e a elaboración duns novos, actualizados e que contemplen e incorporen as esixencias anteriormente denunciadas.