CCOO del Hábitat | 18 abril 2024.

O comité de limpeza viaria de Santiago mobilízase para esixir a cobertura de ausencias do persoal

    O comité interveu no pleno do concello para trasladar os incumprimentos que se están cometendo en materia de pregos e condicións laborais pola actual Contrata de limpeza viaria

    26/06/2020.
    O comité de limpeza viaria de Santiago mobilízase para esixir a cobertura de ausencias do persoal

    O comité de limpeza viaria de Santiago mobilízase para esixir a cobertura de ausencias do persoal

    O comité de empresa de Urbaser-Santiago no que CCOO de Construción e Servizos de Galicia conta con representación, arroupado polos traballadores e as traballadoras, concentráronse este 25 de xuño ás 16:30 horas diante do Pazo de Raxoi, para esixir ao concello de Santiago o cumprimento dos pregos do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e que se proceda á cobertura das baixas, vacacións e licenzas de todo o persoal para poder garantir unha adecuada prestación do servizo.

    A protesta convocouse coincidindo coa celebración do Pleno Municipal no que se abordaba esta problemática e no que tamén interveu o presidente do comité, para expoñer a situación na que se atopa o servizo "no que, a día de hoxe hai 18 persoas menos".

    “O feito de que Urbaser non contrate persoal para cubrir as ausencias, -explicou o comité-, afecta á limpeza diaria das rúas da cidade e supón unha sobrecarga de traballo para o resto do persoal que se ve obrigado a realizar horas fóra da súa xornada laboral. Ademais, están a modificarse as funcións dos servizos encomendados aos traballadores e ás traballadoras e hai un incumprimento reiterado do convenio colectivo, no relativo ás licenzas e permisos por coidado, hospitalización, etc”.

    Aínda que pola presión do comité, Urbaser realizou catro contratacións nos últimos días, estas non chegan para cubrir as necesidades mínimas do servizo. Neste sentido, a representación social ha solicitado ao concello de Santiago que obrigue á empresa para cumprir co establecido nos pregos e que se reforce o servizo #ante as necesidades de limpeza e hixiene xeradas pola pandemia do Covid-19 e para a previsible chegada masiva visitantes o ano próximo, con motivo do Xacobeo.