Ínstase as administracións galegas a implantar EPI’s adecuados en distintos sectores

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia insta por escrito ás administracións para tomar medidas en canto ao mantemento do persoal dedicado aos dependentes e os EPI’ s necesarios para os sectores de atención domiciliaria, limpeza, funerarias, seguridade privada, recollida de residuos e construción e madeira

    25/03/2020.
    Se insta a las administraciones gallegas a implantar EPI’s adecuados en distintos sectores

    Se insta a las administraciones gallegas a implantar EPI’s adecuados en distintos sectores

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia realizou dous escritos por rexistro. Un para a Xunta e Federación Galega de municipios e provincias para que, tenindo en conta que no Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma, no seu artigo 7 punto 3, establécese que “non se deben interromper en ningún caso as prestacións domiciliarias que garantan a cobertura de necesidades básicas esenciais: aseo, hixiene persoal e da contorna próxima, vestido, tratamentos e prestacións farmacéuticas, de alimentación e de soño”, mantéñanse os contratos de axuda a domicilio e abónense as taxas como antes da pandemia do Covid-19.

    O outro escrito presentouse #ante a Delegación de goberno solicitando EPI’ s apropiados para cada un dos nosos sectores.

    Para o Servizo de Atención Domiciliaria: A entrega obrigatoria de luvas de nitrilo, lentes, batas desechables, gorros e máscaras para todo persoal que estea a traballar no Sector de Axuda a Domicilio en Galicia. Estes EPI’ s só serán dun uso e utilizados nun único domicilio.

    No sector de Limpeza e especialmente na Limpeza Hospitalaria, é dicir, en Hospitais tanto públicos como privados, ambulatorios, centros de saúde, etc... será obrigatoria a entrega de luvas de nitrilo, batas desechables, lentes, gorros e máscaras para todo persoal.

    O sector funerario, e de forma primordial naqueles traballos en estancias onde permanecese persoal e/ou falecidos, que fosen confirmados en Covid-19, debería ser obrigatorio o uso de luvas de nitrilo, lentes antisalpicaduras, batas desechables, gorros e máscaras FFP2 para todo persoal.

    Tamén se entregarán EPI’ s no sector de Vixilancia Privada e poñendo especial atención na Vixilancia Hospitalaria, onde será obrigatorio a entrega de luvas de nitrilo, lentes, e máscaras para todo persoal, así como roupa específica e con suficientes recambios para cada intervención.

    Para os traballadores e traballadoras de Recollida de Residuos (de forma manual ou mecánica) terase que garantir a desinfección por quenda de todos os vehículos para evitar que o contaxio poida darse entre persoas e/ou lugares de traballo e farase entrega obrigatoria de luvas de nitrilo, lentes, batas desechables, gorros e máscaras para todo persoal.

    Nos sectores de Construción e Madeira dispoñerase a entrega de luvas de nitrilo, lentes, e máscaras para todo persoal, así como roupa específica e con suficientes recambios diarios.

    Doutra banda e despois de diversas denuncias presentadas polo sindicato durante a semana pasada o ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia) realizou un documento para a prevención fronte ao Coronavirus para as empresas de construción de Galicia que podes descargar desde AQUÍ.

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.