CCOO del Hábitat | 20 abril 2024.

Graves incumprimentos da normativa laboral por parte de OHL- Ingesan na Coruña

    CCOO de Construción e Servizos solicita ao concello da Coruña que cumpra co seu deber de sancionar á empresa OHL- Ingesan ante os graves incumprimentos laborais

    18/02/2020.
    Graves incumplimientos de la normativa laboral por parte de OHL-Ingesan en A Coruña

    Graves incumplimientos de la normativa laboral por parte de OHL-Ingesan en A Coruña

    A empresa OHL- Ingesan, concesionaria de dous lotes de Axuda Domiciliaria do concello da Coruña, incumpre a normativa laboral de forma reiterada e grave, por foino sancionada pola inspección de traballo e seguridade social.

    María Carmen García, presidenta do comité de empresa e Dores Rey, delegada sindical provincial de CCOO de Construción e Servizos de Galicia, rexistraron hai uns días unha solicitude de sanción baseada nos pregos de condicións do concurso do servizo de Axuda Domiciliaria.

    Os feitos cualificados como “moi graves” pola inspección de traballo son:

    Non respectar as xornadas mínimas de 25 horas semanais, o descanso legal de 12 horas entre xornadas, o descanso semanal obrigatorio de 48 horas, os cuadrantes legais das persoas a tempo parcial, incumprir de forma grave e reiterada no tempo a normativa de Prevención de Riscos e os requirimentos da Inspección de Traballo nesta materia e non respectar os dereitos fundamentais dos e as representantes legais do persoal.

    A sanción pode conlevar a retirada do servizo por parte do concello ou unha sanción económica que o órgano de contratación decida.

    Así mesmo desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia anúnciase o inicio dun calendario de mobilizacións para esixir un cambio de actitude á empresa e que se cumpra integramente a normativa laboral vixente.