CCOO del Hábitat | 28 marzo 2024.

CCOO de Construción e Servizos de Galicia gaña as eleccións sindicais no SAD de Padrón

    O sindicato conseguiu a totalidade da representación do comité de empresa do Servizo de Atención Domiciliaria (SAD) do Concello de Padrón

    10/01/2020.
    CCOO de Construcción y Servicios de Galicia gana las elecciones sindicales en el SAD de Padrón

    CCOO de Construcción y Servicios de Galicia gana las elecciones sindicales en el SAD de Padrón

    Tras obter o respaldo maioritario da persoal CCOO de Construción e Servizos de Galicia logra establecerse como única forza sindical do comité de empresa de Ulla Sar, no Servizo de Atención Domiciliaria de Padrón, e seguir así crecendo como primeira forza sindical neste sector en Galicia.

    Por primeira vez o SAD de Padrón vai poder contar cunha representación legal das traballadoras e traballadores a través das delegadas electas na votación celebrada nesta semana na que, CCOO de Construción e Servizos de Galicia, consegue as cinco delegadas que se elixían para o comité de empresa, tras obter a confianza plena do persoal que participou nas asembleas informativas organizadas polo sindicato, nas cales se adquiriu o compromiso de traballar para mellorar as actuais condicións laborais coas que se está desempeñando o servizo.

    As votacións duraron catro horas cunha participación do 65% do persoal, na que se deixou constancia da satisfacción e ilusión coa que os traballadores e traballadoras do SAD ven esta nova etapa, cun comité de empresa apoiado baixo as siglas de CCOO, considerándoa como un período de oportunidades para desenvolverse profesionalmente, mellorando as condicións laborais coas que ata o de agora están a desenvolver o seu traballo no SAD de Padrón.

    Con este resultado, CCOO de Construción e Servizos de Galicia quere felicitar o traballo desempeñado polas compañeiras que tomaron a iniciativa dando un paso á fronte para formar parte do comité de empresa, e que conseguiron obter a confianza dos traballadores e traballadoras de Ulla Sar no Servizo de Atención Domiciliaria do Concello de Padrón.