CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

O convenio de Pintura da Coruña ten peores condicións que as Estatal

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia denuncia que a Confederación Intersindical Galega (CIG) asinou un convenio provincial que rebaixa as condicións mínimas do Convenio Xeral do Sector da Construción

    03/01/2020.
    El convenio de Pintura de A Coruña tiene peores condiciones que el Estatal

    El convenio de Pintura de A Coruña tiene peores condiciones que el Estatal

    O 2 de Xaneiro de 2020 saíron publicadas no BOP de Coruña as Táboas Salariais do Convenio de Pintura da Coruña para os anos 2019-2021, co único aval da CIG que é maioritaria neste sector.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia denúnciase que unha vez máis os traballadores da Coruña convértense en traballadores de segunda, volvendo ser os peor pagos do territorio nacional debido á CIG.

    Na negociación CCOO de Construción e Servizos de Galicia manifestou que está en contra de que neste Convenio (único en España e feito a medida para esta patronal) xa que a súa xornada é superior á máxima que establece o Convenio Xeral do Sector da Construción ( CGSC) que é de 1.736 horas (217 xornadas) e no convenio de pintura son por Convenio 1.748 horas (218,5 xornadas) .

    Os incrementos pactados para estes 3 anos son tamén inferiores ao convenio da Construción e desde o sindicato non entendemos por que o asinaron cando fixeron unha férrea campaña en contra do incremento do Sector da Construción na Coruña.

    Con este retroceso nos dereitos dos traballadores o valor/hora Ordinario (calcúlase dividindo o Salario Bruto Anual entre a xornada ordinaria) un Oficial de Segunda de Pintura da Coruña cobraría un 6,26% menos por hora que un traballador da Construción.

    É máis, debido ao retroceso no Incremento pactado pola CIG, no ano 2021 o valor/hora ordinario dun peón será inferior ao Salario Mínimo do CGSC, xa que no Convenio de Pintura-CIG quedará en 9,98€ mentres que o do Convenio Estatal será de 10,02€.

    Tamén fixeron o mesmo co Convenio de Barberías de Galicia no que se cobra menos salario e trabállanse máis horas que no convenio sectorial Estatal.

    Este convenio xa fora denunciado na súa anterior publicación e tivo que ser “emendado” para adecualo á Legalidade, e xa se advertiu no seu momento que só era un primeiro paso para a rebaixa de condicións e salarios de todo o sector.

    O traballo realizado por CCOO durante estes anos de crises garantindo salarios mínimos, xornadas decentes e dereitos nas condicións laborais, non poden ser “vendidos” á Patronal a cambio de conceder unha maioría sindical ao que lle asine todo o que lle poñan encima da mesa.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia non se pode consentir que se asinen Convenios en Galicia con menos dereitos e Salarios que no resto do Estado Español, e sobre todo cando son asinados por un central político-sindical que se autodenomina de clase.