CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

Preacordo para desconvocar a folga na planta de residuos da Serra do Barbanza

    O texto negociado recolle varias melloras económicas e sociais que se incorporarán ao convenio colectivo do centro de traballo dedicado ao tratamento de residuos da Serra de Barbanza na Coruña, xestionado por FCC

    20/12/2019.
    Preacuerdo para desconvocar la huelga en la planta de residuos de la Sierra del Barbanza

    Preacuerdo para desconvocar la huelga en la planta de residuos de la Sierra del Barbanza

    Nestes días chegouse a un preacordo para desconvocar a folga na planta de tratamento de residuos da Mancomunidade Sierra do Barbanza, xestionada pola empresa FCC. O centro, situado en Lousame (A Coruña), presta servizo tanto a este concello como aos de Ames, Brión, Porto do Son, Carnota, Muros, Noia, Rois e Pontecesures.

    A folga estaba convocada debido ao estancamento na renovación do convenio despois de dez meses de negociacións.

    No preacordo, pactouse un período de vixencia desde o pasado 1 de xaneiro, con efectos retroactivos, e ata o 31 de decembro de 2022, cun incremento salarial do 0,5 % en todos os conceptos salariais excepto o complemento de singularidade de tóxicos, penosos e perigosos ( TPP). Este complemento incrementarase durante a vixencia do convenio, resultando nas seguintes contías: 110 euros en 2019, 155 en 2020, 200 en 2021 e 250 en 2022.

    Ademais, a partir de 1 de xaneiro de 2020, os festivos traballados incrementaranse dos 25 euros actuais a 30. A partir de 1 de xaneiro de 2021, os festivos que coincidan durante o período de vacacións serán compensados do mesmo xeito que recolle o artigo 18.3 do actual convenio.

    En materia de saúde laboral, acórdase revisar a calidade da roupa de augas que utiliza o persoal e impulsaranse iniciativas orientadas a reducir os trastornos musculoesqueléticos, as cales serán sometidas á consulta do comité de seguridade e saúde.

    Por último, inclúense melloras sociais, como a incorporación ao texto do convenio das actualizacións normativas relativas á protección da maternidade, así como a posibilidade de acumular a prestación do tempo de traballo para o persoal con xubilación parcial.

    O contido do preacordo só será firme unha vez que o persoal o aprobe na asemblea convocada para este efecto.

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia considera este preacordo unha boa noticia para os traballadores e traballadoras e un punto de partida para seguir mantendo a interlocución e traballar en prol do persoal.