Concentración ante o Almacén do Grupo MALASA denunciando abusos laborais en Noa Madeira Creativa SLU

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia concéntrase para protestar pola modificación substancial de condicións de traballo de varios traballadores de Noa Madeira Creativa SLU

    05/12/2019.
    Concentración ante o Almacén do Grupo MALASA denunciando abusos laborais en Noa Madeira Creativa SLU

    Concentración ante o Almacén do Grupo MALASA denunciando abusos laborais en Noa Madeira Creativa SLU

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia non está de acordo coa imposición unilateral e discriminatoria á hora de modificar as condicións laborais dun colectivo do persoal, 17 traballadores, quedándose a un 10% do límite da modificación colectiva para non ter que abrir un período de consultas e ter a obrigación de negociar as mesmas.

    Paralelamente outros 7 traballadores recibiron unha notificación comunicándolles o cambio de centro de traballo, de Ferrol a Cerceda, a unha nave que se atopa a 60 km da actual.

    Neste caso non se tivo en conta o que establece o Convenio Estatal da Madeira neste procedemento. A empresa pretende que os traballadores se trasladen a este novo centro coa contraprestación seguinte: 3 días de mudanza e 1.000€ pagaderos en tres veces nun prazo de nove meses, sen ter en conta que os traballadores van ter que desprazarse diariamente 120 km sen compensación algunha, ou variar a súa vivenda para poder continuar co seu posto de traballo.

    Esta decisión arbitraria non é compartida polo Comité de Empresa que iniciou un calendario de mobilizacións para tentar combater ambas as medidas.

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.