CCOO de Construción e Servizos de Galicia gaña as eleccións sindicais en COREGAL

    Na empresa COREGAL, dedicada á xestión integral de residuos, CCOO de Construción e Servizos de Galicia logrou a maioría absoluta da representación no seu comité de empresa

    10/06/2019.
    CCOO de Construcción y Servicios de Galicia gana las elecciones sindicales en COREGAL

    CCOO de Construcción y Servicios de Galicia gana las elecciones sindicales en COREGAL

    Por segundo ano consecutivo o persoal de COREGAL avala a Candidatura de CCOO de Construción e Servizos de Galicia, depositando co seu voto a confianza nos compañeiros e compañeiras que conforman as candidaturas do noso sindicato, tanto na parte de Técnicos e Administrativos como a de Especialistas non Cualificados.

    Este proceso electoral contou cunha alta participación do 87,30% do persoal, outorgando a CCOO de Construción e Servizos de Galicia 6 dos 9 delegados que se elixían cun 68,53% dos votos emitidos.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia queremos destacar o traballo desempeñado polo comité de empresa estes últimos anos, e do mesmo xeito agradecer a confianza depositada polos traballadores e traballadoras dos tres centros de COREGAL na provincia da Coruña, grazas ao cal, o noso sindicato volve revalidar a representación que mantiña no centro de traballo estes últimos 4 anos.

    Unha vez finalizado o proceso electoral, o comité e CCOO de Construción e Servizos de Galicia, seguiremos coa senda de traballo iniciada hai 4 anos orientada tanto a manter e mellorar as condicións laborais do persoal, como a ser parte construtiva do progresivo crecemento de COREGAL como referente no modelo de Xestión Ambiental integral.

     

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.