CCOO del Hábitat | 27 abril 2024.

Firma do primeiro Plan de Igualdade das fábricas de taboleiro de FINSA en Galicia

    O sindicato anima a todas e a todos a participar nas accións que levarán a cabo derivadas deste Plan de Igualdade

    28/05/2019.
    Firma del primer Plan de Igualdad de las fábricas de tablero de FINSA en Galicia

    Firma del primer Plan de Igualdad de las fábricas de tablero de FINSA en Galicia

    O Plan de Igualdade de FINSA nace do compromiso da representación social e da dirección da empresa para traballar en conseguir que mulleres e homes teñan igualdade de oportunidades en todos os ámbitos de traballo da empresa.

    “Respecto e integración da diversidade” é unha frase que escoitamos nos últimos tempos con moita frecuencia e que non sempre alcanzamos a entender. As persoas que estivemos a traballar neste Plan de Igualdade, cada quen coa a súa ideoloxía, coa a súa propia forma de entender e ver o mundo, experimentamos, traballando este Plan, que cando compartimos o obxectivo resulta máis sinxelo poñerse de acordo, e respectar e aceptar que sendo diferentes, todas e todos temos algo que achegar para mellorar.

    Os papeis non cambian as cousas, as actitudes e os feitos si. Este Plan de Igualdade é só unha ferramenta máis para axudar a andar o camiño que cada persoa temos a facer para que todas e todos teñamos igualdade de oportunidades. Haberá a quen lle toque traballar no campo da xestión, a quen lle corresponda a supervisión e a esixencia das medidas comprometidas no Plan… e a todas e todos nos tocará traballar as actitudes, no respecto e na participación para mellorar todo o que é preciso e conseguir a igualdade real de oportunidades para homes e mulleres en Finsa.

    Animamos ás traballadoras e traballadores a participar en todas as accións que levarán a cabo derivadas deste Plan de Igualdade, e agradecemos o compromiso e o traballo de todas e todos para que deixe de ser un papel e convértase pronto nunha realidade.