CCOO del Hábitat | 24 abril 2024.

Asemblea de afiliadas do Servizo de Atención Domiciliaria en Galicia

    Vicente Sánchez interveu expoñendo que "hai que dignificar o sector baseándose na cualificación profesional das persoas que prestan este servizo"

    14/05/2019.
    Asemblea de afiliadas do Servizo de Atención Domiciliaria en Galicia

    Asemblea de afiliadas do Servizo de Atención Domiciliaria en Galicia

    Esta mañá celebrouse, na cidade de Acoruña, unha asemblea xeral de afiliados e afiliadas do sector de atención á dependencia de CCOO de Construción e Servizos de Galicia.
     
    A asemblea contou coa participación do Secretario Xeral de CCOO de Construción e Servizos, Vicente Sánchez, quen trasladou ás compañeiras asistentes as liñas mestras de actuación en canto á acción sindical que debemos desenvolver neste sector a medio e longo prazo.

    O Servizo de Atención Domiciliaria ( SAD) conta cunha importante afiliación na federación de Galicia.
     
     Este importante traballo afiliativo permitiu que CCOO de Construción e Servizos de Galicia alcance a condición de primeira forza sindical dentro deste sector.
     
    Sergio López, Secretario Xeral de CCOO de Construción e Servizos de Galicia, trasladou ás asistentes os últimos logros sindicais que permitiron mellorar substancialmente as condicións laborais dalgúns servizos, arrastrando ao conxunto de contrátalas á mellora das súas condicións.

    Vicente Sánchez lembrou que "hai que dignificar o sector baseándose na cualificación profesional das persoas que prestan este servizo fundamental para unha sociedade estruturada en torno ao estado de benestar".

    CCOO de Construción e Servizos ten o firme propósito de materializar unha negociación colectiva baseada nun convenio sectorial xeneral que permita establecer unha base de mínimos para o conxunto de traballadoras e traballadores, e que sirva de plataforma para construír relacións laborais baseadas na profesionalidade das auxiliares e na dignificación deste traballo.