CCOO del Hábitat | 23 abril 2024.

Un falecido e un ferido de gravidade nun accidente pola caída dunha estada na Coruña

    Dous traballadores da construción sufriron un grave accidente laboral ao caer dunha altura de 18 metros ao desprenderse a estada que montaban

    03/09/2019.
    Accidente laboral mortal en A Coruña

    Accidente laboral mortal en A Coruña

    Este luns no barrio de Novo Mesoiro na Coruña, produciuse un accidente con fatais consecuencias para dous traballadores da empresa de reformas e rehabilitación de edificios Remifer S.L.

    Ao parecer a estrutura de estadas que estaban a montar esborrallouse cando os dous traballadores atopábanse entre a cuarta e quinta planta do edificio a unha altura duns 18 metros, caendo ao baleiro e sendo golpeados e atrapados polas dúas torres, cuxos ancoraxes se desprenderon, e a plataforma que se elevaba entre ambas, quedando os dous traballadores gravemente feridos.

    Nos primeiros instantes foron socorridos polos veciños e posteriormente evacuados urxentemente ao hospital da Coruña, onde un dos traballadores falecía ás tres horas do seu ingreso.

    O outro traballador foi ingresado na UCI con prognóstico grave.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia reitérase a absoluta necesidade de cumprir a machada coa normativa de Prevención de Riscos Laborais, e dunha maior vixilancia por parte da administración realizando máis inspeccións de traballo, pois se os traballadores levasen o arnés correspondente ancorado a unha liña de vida, a estada caería pero os traballadores quedáronse colgados e non se esborrallaron xunto coa estrutura.