CCOO del Hábitat | 24 abril 2024.

CCOO aumenta a súa representación na empresa FINSA de Padrón (A Coruña)

    CCOO de Construción e Servizos de Galicia recorta distancia co sindicato maioritario respecto a as votacións de hai 4 anos

    16/05/2019.
    CCOO aumenta a súa representación na empresa FINSA de Padrón (A Coruña)

    CCOO aumenta a súa representación na empresa FINSA de Padrón (A Coruña)

    Nesta semana celebráronse as votacións para elixir o novo comité de empresa de FINSA.
     
    O persoal da empresa madeireira situada na poboación galega de Padrón, tivo unha participación do 88,6% nas votacións.
     
    Dos 11 delegados que se elixían CCOO de Construción e Servizos obtivo 5 representantes aumentando en 1 delegado o resultado obtido hai 4 anos e ha recortando así distancia co sindicato maioritario, grazas ao labor realizado por todos os compañeiros durante este tempo.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia queremos agradecer aos traballadores e traballadoras que nos votaron a súa aposta polo noso sindicato e poñémonos á súa disposición para continuar mellorando nestes próximos 4 anos.