CCOO del Hábitat | 19 abril 2024.

Reunión do Consello da federación de CCOO de Construción e Servizos de Galicia

    Vicente Sánchez participou na reunión, destacando a importancia da negociación colectiva

    14/05/2019.
    Reunión del Consejo de la federación de CCOO de Construcción y Servicios de Galicia

    Reunión del Consejo de la federación de CCOO de Construcción y Servicios de Galicia

    Esta semana produciuse a reunión do Consello da federación de CCOO de Construción e Servizos de Galicia, o cal aprobou por unanimidade o informe presentado polo Secretario Xeral, Sergio López.

    Na reunión abordouse a situación da federación nas distintas áreas sindicais e efectuouse o balance ata a data do proceso de concentración de eleccións sindicais no que se puido comprobar a mellora notable en canto ás diferenzas que existían fronte a outros sindicatos conseguindo recortar distancias cos mesmos.

    Tamén se valorou a evolución da negociación no ámbito autonómico ou a actualidade da nosa afiliación en Galicia.

    Na súa intervención Vicente Sánchez destacou a importancia de reforzar a negociación colectiva mediante a subscrición de convenios xerais sectoriais, como salvagarda das condicións laborais para o conxunto das traballadoras e traballadores de cada un dos sectores.

    Outra das prioridades destacadas, é a necesidade de regular sectores como o de axuda a domicilio, dignificando estes traballos pola vía da profesionalización do sector dotando aos traballadores e traballadoras das cualificacions profesionais necesarias.

    Destacou tamén que a crise visibilizou a importante precariedade dos traballos feminizados, e a necesidade dun forte impulso para conseguir equiparar tanto os salarios como as condicións laborais dos sectores onde estes traballos concéntranse.

    CCOO de Construción e Servizos como sindicato sociopolítico, debe apostar por gobernos progresistas, pero mantendo a intensidade das nosas demandas sindicais como liña de acción imprescindible para avanzar na mellora das condicións laborais do conxunto dos traballadores.