CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

Asínase o convenio de Pedra e Mármore para A Coruña 2017-2021

    CCOO de Construción e Servizos de Galiza tivo un papel fundamental dentro da negociación conseguindo grandes melloras para o sector

    09/05/2019.
    Se firma el convenio de Piedra y Mármol para A Coruña

    Se firma el convenio de Piedra y Mármol para A Coruña

    O día 7 de maio levou a cabo a firma do Convenio de Pedra e Mármore da Provincia da Coruña cunha vixencia desde o 2017 ata o 2021.
     
     A pesar de que a representatividade de CCOO de Construción e Servizos de Galicia na mesa non é determinante, cabe dicir que nas melloras alcanzadas neste Convenio tivo moito que ver a postura belixerante que mantivo o sindicato durante a negociación.

    Entre as melloras logradas durante a negociación deste Convenio, cabe destacar as seguintes:

    - Vixencia de 5 anos: 2017-2021, garantindo unha estabilidade na negociación colectiva para os traballadores e traballadoras do sector.

    - Incrementos acordes coa firma del IV ANC (BOE/BOE » núm . 173, de 18 xullo 2018) establecendo nos incrementos salariais unha parte fixa en torno ao 2% e unha parte variable a través dunha cláusula de revisión salarial.

    A maior parte destes incrementos garanten o poder adquisitivo para o persoal que desenvolve o seu traballo no sector da Pedra e Mármore, abonándose unha paga lineal de 400? para todas as categorías, como compensación das diferenzas salariais xeradas durante os anos 2017 e 2018, que se abonarán antes do final do ano 2019.

    - Garantía de cumprimento do convenio provincial por parte de todas as empresas que teñan empregados desenvolvendo traballos dentro do ámbito funcional do convenio provincial de Pedra e Mármore, evitando con este feito atoparnos con traballadores de primeira e de segunda categoría desenvolvendo as mesmas tarefas no centro de traballo.

    - Refórzase a vixilancia da saúde dos traballadores e traballadoras expostos ao po de sílice, asumindo os custos que conleve o facer a revisión no Instituto Nacional de Silicose que se atopa no Hospital Universitario Central de Asturias ( HUCA), en Av. de Roma, s/n CP: 33011 Oviedo-Asturias, a condición de que dita revisión sexa proposta polo servizo de vixilancia da saúde da empresa. (Este compromiso manterase mentres que en Galicia non se conte cun centro das mesmas características).

    - Regúlase o traballo en xornadas por quendas para as empresas de Aglomerados de Cuarzo e Granito con resinas, establecendo un plus de quenda de 5?/día efectivo traballado.

    Desde CCOO de Construción e Servizos de Galiza consideramos que este convenio é todo un avance nos dereitos dos traballadores e traballadoras da Pedra e o Mármore da provincia da Coruña que marcará unha nova senda no noso modo de negociación.