CCOO del Hábitat | 29 marzo 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais de Clece Limpeza en Ferrol

    A maioría de representación dos traballadores no comité de empresa de Clece Limpeza nas instalacións militares do arsenal militar de Ferrol, foi para CCOO de Construción e Servizos de Galicia

    06/05/2019.
    CCOO gana las elecciones sindicales de Clece Limpieza en Ferrol

    CCOO gana las elecciones sindicales de Clece Limpieza en Ferrol

    O venres 4 de maio CCOO de Construción e Servizos de Galicia gañou por maioría absoluta as eleccións sindicais en Clece Limpeza das instalacións militares do arsenal militar na localidade galega de Ferrol.

    A maioría das traballadoras da limpeza de Clece (antiga Cleanet) do arsenal militar de Ferrol, decidiron cos seus votos outorgar 3 delegados dos 5 que se elixían a CCOO de Construción e Servizos de Galicia, mentres que as outras dúas forzas sindicais CIG e UXT conseguían un cada unha.
     
     Desde CCOO de Construción e Servizos de Galicia agradécese o apoio nas urnas de case todo o persoal, facendo unha mención especial á fidelidade recibida pola súa afiliación.