CCOO del Hábitat | 25 abril 2024.

Mobilizacións no SAD de Vedra para esixir o cumprimento do convenio e a readmisión dunha traballadora

    O persoal do servizo de atención a domicilio (SAD) de Vedra decidiu iniciar mobilizacións contra os graves incumprimentos do convenio e a mingua das súas condicións laborais, e para esixir a readmisión dunha compañeira que foi despedida

    16/04/2019.
    Mobilizacións no SAD de Vedra para esixir o cumprimento do convenio por Atendo

    Mobilizacións no SAD de Vedra para esixir o cumprimento do convenio por Atendo

    As traballadoras do SAD de Vedra levan varios meses esixíndolle á empresa Atendo o cumprimento do convenio, pero a concesionaria fizo caso omiso, o que para CCOO de Construción y Servizos de Galiza significa un enriquecemento ilícito á custa do persoal.
     
    Este comportamento foi a razón de que tanto a delegada de persoal como unha afiliada de CCOO mantiveran unha xuntanza co alcalde de Vedra para regular a dita situación, tras a cal, Atendo empezou a:

    ? Proporcionar e facer formación que é de obrigado cumprimento segundo o convenio.
    ? Entregar roupa de traballo, uniformidade e calzado
    ? Facer os recoñecementos médicos.
    ? Actualizar todos os conceptos salariais conforme a suba do IPC, como recolle o convenio.

    Porén, CCOO de Construción y Servizos de Galiza seguía debatendo e negociando coa empresa a confección de nóminas do persoal, ao entender o sindicato que había diferenzas.

    Durante o proceso de negociación, que as partes consideraban de boa fe, a empresa comunica o despedimento disciplinario dunha afiliada de CCOO, recoñecendo a improcedencia.

    Ante este contexto, o persoal  acordou por unanimidade iniciar mobilizacións para esixir a readmisión desta traballadora e o cumprimento íntegro do convenio.

    Paralelamente, CCOO de Construción y Servizos de Galiza emprenderá as accións que correspondan perante as administracións competentes.