Comisiones Obreras - Federación de Construcción y Servicios

Comisiones Obreras - Federación de Construcción y Servicios
7
CCOO Galicia

lunes 15 de abril de 2019

O servizo de Recolleita de Residuos de Marín mobilizados por un convenio digno

O cadro de persoal de Recolleita de Residuos de Marín (Pontevedra) está disposto a continuar coas movilizaciones comezadas o día 11 de abril e convocar folga para que se dignifique o seu traballo tanto desde a empresa como desde a administración

O servizo de Recolleita de Residuos de Marín mobilizados por un convenio digno

O servizo de Recolleita de Residuos de Marín mobilizados por un convenio digno

Os traballadores e traballadoras do Servizo de Recollida de Residuos de Marín considéranse ninguneados durante o proceso de negociación do novo Convenio Colectivo, xa que despois de máis dun ano de negociación a empresa mantén sobre a mesa unha ridícula proposta que ata podemos considerar insultante por non garantir o IPC Real.

Durante os dous últimos meses de negociación, a empresa traslada ao cadro de persoal problemas económicos na explotación da contrata, aínda que en ningún momento facilitouse aos representantes legais dos traballadores as contas reais de explotación da mesma, o cal deixa nunha situación de indefensión e incredibilidade os traballadores e traballadoras que tan so provoca malestar e indignación.

Dende CCOO de Costrución y Servizos de Galiza mantivéronse reunións coa Alcadesa de Marín para buscar mediación en dita negociación, xa que a Empresa culpa de esta situación ao Concello por non revisar os presos provocando que a contrata entre en números negativos e ao mesmo tempo pon en perigo a viabilidade da mesma.
Como resultado das reunións mantidas coa Empresa, faise entrega de unha proposta aos traballadores/as que, tras valorala en Asemblea, foi rexeitada por considerala insuficiente o non garantir nin as subas do IPC Real, e tampouco contempla cláusula de revisión salarial:

- 2018 0%
- 2019 1%
- 2020 1.2%

Por outra parte, CCOO de Costrución y Servizos de Galiza manifesta que no momento no que saíron os actuais pregos (ano 2016) presentáronse alegacións porque o importe do servicio non garantía poder soportar negociar futuros incrementos durante a vixencia da contrata.

Ante esta situación, o cadro de persoal está disposto a seguir coas mobilizacións comezadas este xoves día 11 de abril e convocar Folga no Servizo ata que se dignifique o seu traballo mediante a negociación dun convenio con incrementos dignos, xa que non son culpables nin da mala xestión da actual empresa o presentarse o concurso con unha baixa temeraria, nin da falta de sensibilidade da Alcadesa que tras permitir sacar un prego de condicións que non garantía o poder adquisitivo do cadro de persoal durante a vixencia da contrata, agora tan so dedícase a mirar para outro lado abandonando aos traballadores e traballadoras de Marín a súa sorte.

O servizo de Recolleita de Residuos de Marín mobilizados por un convenio digno

lunes 15 de abril de 2019